MULHERES LOITADORAS-SOLEDAD ROSAS
Mulheres Loitadoras
MULHER. Xà nom é nobo o facto de que as mulheres fomos ( e somos), discriminadas, batidas, desvalorizadas e tomadas por « tolas ». Pero isto nom se dà que nos meios faxistas, ou no mundo laboral e familiar.
Tamen, por veces, nos lados de esquerdas nos topamos coa discriminacion de diversas formas. Ata PROUDHON era misoxeno, sin ir mais lonxe ! Enfin, que en todo o lado decatamonos que a mulher é dos seres que mais desvamorizados son… pero ke con gran orgulho e um bo « par de ovarios » afrontamos todalas inxustizas ke sofremos !!
Eiqui mostramos un pouquiño dese valor e orgulho ; uns poukos exemplos de mulheres, de mulheres de eskerdas…anarkistas, comunistas, okupas… xente coma todos, coma nos, ke deixaron a sua marca de unha forma ou outra na nosa historia.
NIN DEUS, NIN PATRON, NIN MARIDO !!!!!
Tiña 23 anos, Arxentina, que cando acabou a Universidade viaxou à Europa, onde a sua vida cambiaria para sempre. En Italia tomou contacto ko movimento OKUPA, pelo ke se enamorou e ao ke se uniu.
Sole acabou por ser un simbolo da loita da okupacion Europea… inda ca nos preferimos recordala coma unha compañeira caida, do ke un « simbolo comercial ».
Ela era unha rapaciña tranquila, fraxil, vexetariana, algo »hippie », con soõs e ilusions simples ! Dende a sua xegada a Europa, e a « EL ASILO », casa okupada que a recebeu en Turin e onde ela comezou a ter contacto co movimento.
As casas son sitios de rencontro, de irradiacion de cultura, unha forma de implantar na cidade enemiga um campo de loita.
Sole enamorouse. Nom so da loita pola liberdade e resistencia, tamen por Edoardo Massari, seu amor e compañeiro. Xunto a el profundizou a sua vida autoxestionada e antagonista, organizando e participando en acions politicas, organizacion de festivais e algunha bomba de pintura, e loitando pola liberaçom animal. Pero sempre evitando a violencia.
A traxedia de Sole veo ca loukura persecutoria Italiana contra os « LOBOS GRISES », grupo que facia alguns atentados en dinamita e cocteles, en protesta contra o desastre ecoloxico que fixeron en Piamonte, ca construcçom do tren de alta velocidade.
O 5 de marzo do 98, os secretas entran na casa okupa e prenden a Sole, o seu compaéneiro e mais outro colega. Acusam-os de « associacion subersiva com finalidade de terrorismo e subversion a ordre democratica », ca ameaza de pena de
O curioso é que cando os factos dos quais os acusaban foran cometidos, Pelinero (o terceiro colega) estaba en Xinebra, o seu compañeiro Edoardo na carcel, e a Sole en Buenos Aires… !!
Tratou-se de unha conspiracion policial Italiana do mais vil, pois necesitaban un « bode expiatorio » pa xustificar a sua « eficacia » contra o atentado e contra os LOBOS GRISES. A parte, o estado Italiano queria disciplinar os okupas…e conseguiu-no.
Apesar das multiples manifas de apoyo, Edoardo findou por se suicidar na celda… mentras que Sole se endurecia, dorida e visceral, continuou de cabeza alta.
A Sole caiulhe o marron sin comelo nin bebelo, pero despous de ese momento fixo cargo do seu lugar, apesar de ser inocente ( de seren inocentes). Puxo-se moi dura e tomou decisions propias e radicais, negandose a ser deportada a Anxertina. Como forte opositora ao Estado prefiriu quedarse e loitar coma pudo…sen abandonar os compañeiros.
Por findar, despois da morte do seu compañeiro e o nom avanzamento do proceso, Soledad apareceu enforcada no baño da casa onde cumplia prision domiciliaria; colgada por unha sabana a ducha, nunha posicion moi parecida a do seu compa~eiro Edoardo (asesinato ??)

Porque acusalos ? pois porke o Estado en xeral necesita enemigos pa xustificar a sua existencia. A DIGOS (policia secreta italiana), ten miles de persoas inutiles…incharonse moito na epoca das « BRIGADAS VERMELHAS », e quedaronse sin nada para facer. E Sole e os outros dous eran faceis de por coma enemigos. Acusalos permitialhes criminalizar un movimento que nunca cometeu delitos graves e polo tanto era dificil de reprimir.
O « Sanbendito » de terroristas permitiulhes criminalizar o movimento ; e eles, Edoardo e Silvano tiñan antecedents…pero Sole foi inda mais cruel, pous nom estaba presente (nin en Europa) cando se produciron os factos. Ela caiu, pois necesitaban unha 3° persoa para acusalos de banda subersiva, xa ke 2 nom son unha banda.
Escandalo politico e social sin precedentes ; o estado Italiano foi vil e cruel (+ainda !).
Por findar, no 2002, foran absoltos da acusacion de terrorism…un pouco tarde, pois xa estaban mortos !!!
En Genova, no 2001, cando se reprimiu tan fortemente a movilizaçom antiglobalizaçom, os carabinieri que pegaban aos okupas ( e que mataron a CARLO GUIULLANI), nom paraban de lhes gritar, mentras os masacraban, «a ver si te ven a axudar a tua amiga Sole ».
Sole, un exemplo de mulher. Un exemplo de alguen que viveu e morreu polos seus ideais nunha Europa capitalista e fria. Unha mulher que amaba, que tamen morreu por amor.
Fiel ao amor e a amistade ? ela é un exemplo pa todo o movimento okupa, para que nom nos esquezamos de como somos oprimidos e o « odio » que nos te~em…odio que esconde envidia da nossa liberdade.
Sole…a nena que se buscou a vida com moita enerxia, simplicidade e igualdade. E que os brazos de ferro do Estado estrangularon a flor da sua mocidade, e pensamento.
OKUPA E RESISTE !!!
